O tratamento da pluralidade lingüística nos selos españois: posibilidades técnicas
Nesta páxina descríbense diferentes posibilidades técnicas para aplicar a proposta de inclusión das linguas diferentes do castelán nos selos españois. A Organización polo Multilingüismo (OM) non promove ningunha destas posibilidades en particular, e preséntaas aquí só con carácter informativo.
Aínda que o texto fala unicamente de "selos", enténdese que estas posibilidades son aplicables tanto ós selos propiamente ditos como ó selos automáticos de franqueo variable, as etiquetas postais conmemorativas, as postais, as tarxetas postais, os aerogramas, as probas de luxo, as probas oficiais conmemorativas e calquera outro efecto postal emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). Aínda que o texto non entra nesta cuestión, enténdese tamén que os selos e todos os outros efectos postais deben contribuír coa elección dos seus motivos á difusión da diversidade lingüística española.
Como
é sabido, en España fíxose unha distinción
entre as linguas diferentes do castelán que son oficiais nas súas
comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos (catalán,
galego e eusquera) e outras linguas que non teñen este atributo
(aragonés, asturiano e occitano do Val de Arán). As propostas
que se presentan aquí están encamiñadas a asegurar
minimamente a presencia do catalán, do galego e do eusquera nos
selos españois, sen descartar tamén a adecuada representación
das outras linguas faladas no territorio español.
Posibilidade 1. Selos cuadrilingües
Posibilidade 2. Selos bilingües
Posibilidade 3. Selos monolingües